user preferences

Instituto de Ciéncias Económicas e da Autoxestión

category iberia | economia | news report author Friday September 04, 2009 00:36author by ICEAauthor email info at iceautogestion dot org Report this post to the editors

O Instituto de Ciéncias Económicas e da Autoxestión (ICEA, en diante) é unha entidade cultural de ámbito estado español, onde desenvolvemos actividades de docéncia e investigación en economia política e autoxestión obreira e social.

O ICEA basea-se nos princípios do asemblearismo, o federalismo, a solidariedade e o apoio mútuo. O ICEA non ten ánimo de lucro, non recebe subvencións dol Estado e as actividades que organiza son de carácter gratuíto. No ICEA teñen cabida estudantes, licenciad@s, doutor@s e profesor@s de economia, profesionais de outras ciéncias sociais e humanas (sociólog@s, politólog@s, historiador@s, filósof@s, xuristas, psicólog@s, etc.) e traballadores e traballadoras en xeral.

O ICEA está aberto a quen lle mova a vontade de encontrar unha explicación real aos sucesos económicos e sociais. Asimesmo pretende colaborar para transformar esta sociedade capitalista en outra sociedade onde non exista a explotación, aprofundando no estudo das alternativas baseadas na autoxestión obreira e social, tanto a nivel teórico e histórico como prático e actual.

460_0___30_0_0_0_0_0_icea_col_300cas.jpg

O Instituto de Ciéncias Económicas e da Autoxestión (ICEA) foi criado en unha asemblea constituinte en febreiro-marzo de 2008. O ICEA toma como referente histórico a entidade que, co nome de “Institut de Ciencies Econòmiques de Catalunya” (ICEC), criou-se en 1931 na cidade de Barcelona. Esta entidade organizou até 1939 cursos, conferéncias e debates sobre temas económicos e sociais, e o ICEA pretende cobrir o vacio deixado por ela.

Como se estrutura o ICEA?

O ICEA toma as suas decisións en asemblea e a sua estrutura de funcionamiento basea-se en cargos de xestión revocábeis que, a sua vez, crian os seus grupos de traballo. Asimesmo para o desenvolvemento das suas actividades, o ICEA conta con dous pilares fundamentais: os grupos de estudo e os gabinetes técnicos.

Mediante os grupos de estudo pretende-se abordar e estudar un ou vários temas, para posteriormente trasladar as conclusións e coñecementos ao resto da sociedade. Cos gabinetes técnicos pretende-se dar apoio técnico como economistas e investigador@s sociais às organizacións e movimentos sociais que o precisaren. Os grupos de estudo traballan mediante un sistema de educación a distáncia polo que é posíbel participar neles desde cualquer lugar.

Como apoio aos grupos de estudo e gabinetes técnicos, o ICEA conta con unha biblioteca dixitalizada e especializada en ciéncias sociais, principalmente en economia, autoxestión, anarquismo, anarco-sindicalismo e movimentos obreiros e sociais. A totalidade da biblioteca encontra-se nos locais do ICEA. O catálogo xeral e parte de esta biblioteca encontra-se na páxina web.

Por qué nace o ICEA?

O ICEA nace co obxetivo de ser unha entidade onde desenvolver aspectos culturais e técnicos ao servizo da transformación social.
Nos aspectos culturais e de formación, o ICEA pretende criar grupos de estudo en tres ámbitos:

1) Análise do funcionamiento do sistema económico capitalista, coñecendo as suas características e os seus limites.

2) Consolidación como un laboratório de ideas en política económica, laboral e social desde unha perspectiva libertária e tendente a implantar a autoxestión obreira e social. O obxetivo principal é nutrir o pensamento e a acción das organizacións e movimentos sociais.

3) Investigación das formas económicas e sociais coas que substituir o capitalismo por un sistema socio-económico baseado na autoxestión. Neste sentido pretendemos cobrir o vacio existente no que se refire à aprofundización do estudo das alternativas ao sistema capitalista. Desta maneira é necesária a apertura cara outros campos de estudo imprescindíbeis inter-relacionados coa economia, como a socioloxia, a história, a política, etc.

Estes estudos van-se divulgar mediante a realización de artigos, informes, libros, conferéncias, seminários, cursos e planos de estudo.

Nos aspectos técnicos o ICEA pretende desenvolver o seu traballo mediante cuatro gabinetes dirixidos respectivamente a:

- Elaborar artigos e documentos que sirvan de base para publicacións e conferéncias. Asimesmo elaborar informes de coxuntura socio-económica e laboral.

- Elaborar unha recopilación semanal de notícias publicadas na imprensa sobre temas de interese económico-sociais e de luitas laborais no Estado español.

- Oferecer asesoramento en apoio às luitas laborais e sociais.

- Oferecer asesoramento para a autoxestión dos meios de produción por parte dos traballadores e traballadoras.

Onde encontrarnos?

Os membros do ICEA estamos presentes a dia de hoxe en Barcelona, Bilbao, Madrid, Sevilla e Valladolid. Se desexas máis información sobre as actividades e grupos de estudo que estamos desenvolvendo, ou estás interesado/a en pertencer ao ICEA podes pór-te en contacto connosco no seguinte enderezo:

http://iceautogestion.org

info @ iceautogestion.org

This page can be viewed in
English Italiano Deutsch
E

Latest News

Iberia | Economia | News Report | pt

Mon 20 May, 14:37

browse text browse image

Sorry, no stories matched your search, maybe try again with different settings.

Press Releases

Sorry, no press releases matched your search, maybe try again with different settings.
© 2005-2013 Anarkismo.net. Unless otherwise stated by the author, all content is free for non-commercial reuse, reprint, and rebroadcast, on the net and elsewhere. Opinions are those of the contributors and are not necessarily endorsed by Anarkismo.net. [ Disclaimer | Privacy ]